¿Que supoñen os estudos de Belas Artes na formación do artista?
Para calquera disciplina artística é fundamental coñecer as técnicas para poder expresarse de maneira máis rápida e sinxela. Por outra banda o coñecemento global que proporciona a nivel histórico e práctico axuda a comprender mellor cales son os límites dese océano. Prepara para unha longa e interminable travesía. De todos xeitos o autodidacta pode chegar a parecidas conclusións cun período de tempo máis dilatado.
¿Que lle ofrece e que lle dá A Coruña como pintor?
Os que vivimos á beira do Mediterráneo temos unha visión particular da luz e o mar dos pobos. Cando veño a Galicia, impresióname esa inmensidade batendo nas súas costas. Esa luz tan distinta. As cores e o ar son unha experiencia que invita a imaxinar un mundo moito maior. A viaxe predispón a continuar a aventura, máis aló de Fisterra.
¿Como define, dentro da figuración, a súa pintura?
É difícil contestar. Creo que teño dúas vertentes: a analítica e colorista e outra máis visceral. A épica e a poética. Podería defirnirme coma un pintor expresionista dentro da nova figuración que intenta, a contracorrente, facer unha obra honesta, é dicir a que parte da propia visión do mundo.
¿Que temas son os que máis lle interesan?
Principalmente o ser humano coas súas filias e súas fobias. Cada individuo como ser irrepetible. Por iso me interesa o retrato, pero non pola aparencia externa do personaxe, senón polo que encerra o rostro coma paisaxe. Tamén me interesa o tema do pintor no seu estudo, a soidade aceptada e necesaria do artista e do seu mundo. A fraxilidade coa que un se enfronta á obra, o concepto de estilo e a súa constante ruptura.
¿Ten predilección polo retrato?
Quizais é onde me atopo máis cómodo e ó mesmo tempo onde podo chegar a sufrir máis. Unha cousa é o chamado "parecido razoable" e outra é chegar a expresar nunha soa imaxe a esencia do ser do individuo que tes diante.
¿Arte dixital e fotografía?
Interésanme e levo anos traballando tamén nestas disciplinas, aínda que soamente realicei unha exposición das miñas obras dixitales. Sigo a traballar niso, pero de momento considéroo unha arte moi fría.
The classification provides four or more codes placed on four axis (A - formalism, B - matériality, C - involvement body/mind, D - communication). These codes are positionning the artist in the art history. A axis : FORMALISM When looking at the work, what type of formalisation first strikes the eye? Is it more abstract or more figurative, etc ? (on a scale from more "immaterial" to more "realist"). A260 : Allusive almost figurative A440 : Neo Figurative "Narrative Figurative Art" A450 : Neo Figurative Other Quotations B axis : MATERIALITY How does the materiality of what is shown come across? (on a scale from more "immaterial" to more "real"). B180 : Materiality B210 : Materiality B200 : Materiality C axis : INVOLVEMENT BODY/ MIND With what body:mind ratio does the artist enter into his work? Classify from the most "intellectual" (e.g."Concept Art"...) to the most "physical" (e.g. "Body Art", ...). C150 : between D axis : COMMUNICATION Does the artist have the deliberate intention to convey a message of any sort through his work? (classified from the most "mystical" to the most "worldly"). D115 : via what is meant in various narrations or symbolisms whatever they may be LABORDA Joan www.galerieblumann.com |
ARTRINET | add your web site recommend this web site |
PARISart
Vincent Malléa, Joan Laborda, François Burgun, Emmanuel Flipo, Frédérique Callu, David Harel, Anne Anderruthy, Michael Rehnvall, Yvon
Cochery
Joan Laborda
Paris,2009 |
Fernando Gutiérrez (La Vanguardia)
Fernando Gutiérrez (La Vanguardia)